miércoles, 5 de noviembre de 2008

ESTAMOS EN OBRAS

Disculpen as molestias.
A ATMOSFERA , OS CLIMAS
Atmosfera .- Capa gasosa que envolve a Terra . Está composta por unha serie de gases : nitróxeno , osíxeno , dióxido de carbono , ozono e vapor de auga.
Capas da atmosfera .- A atmosfera divídese en capas :
 Troposfera : capa máis baixa cunha anchura de 10 a 15 qms . Nela atópase o osíxeno , o dióxido de carbono e prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: choiva , vento,...
 Estratosfera : capa que está entre os 12 e os 50 qms . Nela atópase a capa de ozono , que nos protexe das radiacións solares.
 Mesosfera : Constituída popr un aire moi denso , fai a función de filtro , ten entre 50 e 80 kms de ancho.
 Ionosfera : Prodúcese a aurora boreal e desintégranse moitos meteoritos, ten uns 80 kms.
 Exosfera : Capa exterior que ten unha anchura de 500 kms.
Tempo e clima .-
1. Tempo atmosférico : Estado da atmosfera nun lugar e momentos determinados e que pode cambiar dun día para outro . Exemplo : o día que fai hoxe.
2. Clima : Situación meteorolóxica dun país ó longo de anos . Exemplo :o clima de Galicia que é atlántico.
Os elementos do clima son:
Temperaturas : expresa a cantidade de calor que posúe o aire .Mídese co termómetro e nos mapas coas isotermas , que unen puntos coa mesma temperatura .
Precipitacións :Cantidade de auga ( choiva , neve , sarabia ,... ) que cae nun lugar . Mídese co pluviómetro e represéntanse nun mapa coa isohietas , que unen puntos coas mesmas precipitacións.
Presión atmosférica :Peso do aire sobre un punto da Terra expresado en milibares. Mídese co barómetro e represéntase nun mapa coas isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica . As altas presións chámanse anticiclóns e as baixas borrascas.
Ventos : Masa de aire en movemento . A súa velocidade mídese co anemómetro e a súa dirección co viraventos.As masas de aire circulan pola atmosfera dando lugar a cambios de temperatura e de tempo .
Factores do clima.............................................
✔ A latitude :Canto maior sexa a latitude con respecto ó Ecuador máis descenderán as temperaturas e as precipitacións.
✔ A altitude :A maior altitude menor temperatura.
✔ Os mares e océanos : As augas do mar suavizan as temperaturas tanto no mar como no inverno.
✔ As correntes mariñas : Masas de auga que se desprazan polos océanos , unhas quentes e outras frías , que inflúen no clima.
✔ Ventos e masas de aire : Desprázansede altas a baixas presións e poden ser :secos ou húmidos,quentes ou fríos influíndo na temperatura e precipitacións.
Clases de climas .............................................
 Climas cálidos : localízanse na zona da Terra entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio . Teñen temperaturas altas e moita insolación .Os máis importantes son:
 Clima ecuatorial
- Sitúase en torno ó ecuador, as súas temperaturas son elevadas cunha media arredor dos 25º
- Abundantes precipitacións .
- Unha estación única calorosa durante todo o ano
- A súa vexetación é a selva que está formada por unha masa enorme de árbores
- Ten unha fauna moi variada ( aves , primates ,réptiles de gran tamaño , insectos ,...)
 Clima tropical
- Esténdense desde os límites do clima ecuatorial ata os trópicos.
- Ten dúas estacións : unha chuviosa e outra seca , abundantes precipitacións e altas temperaturas .
- A sabana e a xungla é a vexetación máis representativa. Vai diminuíndo a vexetación canto máis nos afastamos do ecuador , dando lugar a altas herbas.
- A fauna é variada , destacan : león ,cebra ,xirafa e gran cantidade de roedores e insectívoros.
 Clima desértico
- Localízase nas proximidades nas proximidades dos Trópicos de Cancro E Capricornio.
- Caracterízase por escasas precipitacións.
- Polo día forte calor e pola noite temperaturas baixas.
- A vexetación é escasa , destacan :matos e cactos.
- A súa fauna é escasa , destacan :pequenos roedores , víboras,e algunhas aves.


 Climas temperados: Esténdense entre os Círculos Polares e os trópicos. Destacan a diferencia de temperaturas entre as estacións .Os máis importantes son :
 Clima mediterráneo
- Localízase na franxas marítimas de América , sur de Europa e Norte de África .
- Os invernos son moi suaves e os veráns cálidos.
- As precipitacións son irregulares e máis abundantes no inverno .
- A vexetación máis común son : árbores de folla perenne ( aciñeira , sobreira , piñeiro ) e plantas aromáticas ( romeo ,lavanda, esplego )
- Na fauna destacan : corzos,xabarís , lobos , raposos ,....
 Clima oceánico
- Esténdese polas rexións costeiras , oeste de América e parte oeste de Europa( norte da Península Ibérica , norte e oeste de Francia Reino Unido....)
- Destaca pola abundancia de precipitacións ó longo do ano e veráns temperados e invernos non moi fríos.
- A súa vexetación destaca pola abundancia de árbores de folla caduca ( carballos , faias , castiñeiros , salgueiros ,...)
- Na fauna destacan :corzos ,xabarís , lobos,raposos..


 Clima continental
- Localízase no interior dos continentes (centro leste de Europa e centro de Asia....)
- Destacan os veráns cálidos e invernos fríos e precipitacións moderadas sobre todo ó final do verán
- A vexetación máis abundante é o bosque boreal ( piñeiros , abetos , bidueiros ,...)e as praderías e estepas.
- Na fauna destacan : aves , raposos,londras , renos..

 Climas fríos :Esténdense polas zonas de alta montaña e pola proximidade ós Círculos Polares.
- Destacan polas temperaturas moi frías de inverno ( -30º ou máis) e frías no verán .
- As precipitacións son escasas e en forma de neve.
- A vexetación típica é a tundra ( mofos , liques e plantas de baixo crecemento )
- Na fauna destacan :osos polares ,pingüíns , aves , cabras montesas,..
CONTINENTES E OCÉANOS
A Terra componse dunha parte sólida , que ocupa unha terceira parte da superficie , chamada terra . Ten seis continentes : Europa , América , Asia ,África , Oceanía e Antártida.; unha parte líquida , que ocupa os dous tercios da superficie , chamada hidrosfera e constituída por cinco océanos : Pacífico ,Índico , Atlántico , Glacial Ártico e Glacial Antártico e unha parte gasosa que a rodea chamada atmosfera .
Estructura interna da Terra .-
A Terra está formada por tres capas :
 A codia ; que é a parte máis superficial , na súa superficie orixínase o relevo e están as placas tectónicas .
 O manto ; que é a capa intermedia . De alí sae a lava dos volcáns .
 O núcleo ; é a capa máis interna da Terra e ten temperaturas elevadas.
Por debaixo da codia da Terra están as placas tectónicas , que son grandes bloques duns 100 qms de espesor e son as que provocan os terremotos ( cando chocan dúas placas ) , as faias (cando rompen e producen fendas na Terra) , as montañas ( cando preme unha placa contra outra ) e os volcáns .
Relevo da Terra .-
 As chairas ; son terreos planos cunha altitude non superior ós 200 m.
 Os vales ; son depresións nas que por algunhas delas circulan os ríos .
 As mesetas ; son superficies planas elevadas superiores ós 400 m.
 As montañas ; son elevacións do terreo producido polo choque de placas tectónicas . Cando rematan en pico , son montañas novas e cando rematan redondeadas pola erosión , son montañas vellas .
 As cordilleiras ; son un conxunto de montañas unidas .
 A plataforma continental ; é a prolongación dos continentes baixo as augas mariñas
 As chairas submarinas ; situadas a 4000 m. ou 5000 m. de profundidade .
 As cordilleiras submarinas ; poden cegar a ter 3000 m e incluso sobresaír , dando lugar a illas e arquipélagos .
 Fosas mariñas ; a maior dela alcanza os 11.000 metros.
Os volcáns e os terremotos .-
• Os volcáns ; son gretas da codia terrestre pola que ascenden gases e rocha fundida do exterior da Terra . Expulsan : cinza , lava e materiais incandescentes.
• Os terremotos ; son sacudidas da cortiza terrestre producidas polo choque ou asentamento das placas tectónicas .
O punto onde se produce o terremoto no exterior da Terra , chámase epicentro e o do interior , chámase hipocentro
A intensidade do terremoto , mídese co sismógrafo e nunha escala chamada de Ritcher que vai do 1 ó 9 segundo a intensidade.
A erosión .-
O relevo da Terra vai cambiando moi lentamente debido á erosión producida por :
• Axentes externos , que modifican ó longo dos anos a codia terrestre . Os máis importantes son :
 As precipitacións ( auga , vento , xeo , ...) que provocan desgaste nas formas do relevo , transportando material orgánico dun lugar a outro .
 Os seres vivos ( animais e persoas ) que provocan cambios mediante os cultivos , construcción de estradas e camiños e modificación de montañas e desvío de canles de ríos .
• Axentes internos , que desde o interior da Terra fan modificacións da paisaxe . Os máis importantes son :
 Os volcáns , que forman montañas pola expulsión de lava .
 Os terremotos , que orixinan cambios na codia terrestre debido ós movementos .
A Hidrosfera .-
É a capa líquida da Terra que ocupa 2/3 do planeta e está constituída por auga salgada que é o 97% do total e auga doce que representa o 3% aproximadamente .
• Auga salgada , aparece nos mares e océanos . Os principais océanos son : Océano Pacífico , Océano Atlántico , Océano Índico , Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico .A auga do mar está en constante movemento , os principias movementos son :
 As ondas , movemento superficial do mar producida polo vento .
 As mareas , movementos oscilatorios das augas do mar producidos pola atracción da Lúa e do Sol e polo movemento de rotación .
 As correntes mariñas , que son desprazamentos de grandes masas de auga mariña , unhas son superficiais e outras profundas.
• Auga doce , aparece nos círculos polares , ríos , lagoas , augas subterráneas ,...
 Os xeos continentais cobren os polos e o continente de Antártida .
 Os ríos , que son correntes continuas de auga . Os ríos máis caudalosos atópanse na zona ecuatorial e tropical .
 As lagoas , son acumulación de auga superficial en zonas da codia terrestre que se alimentan da choiva , fontes ou ríos.
 Augas subterráneas , acumuladas no subsolo da Terra , que se alimentan da auga da choiva . A veces saen ó interior dando lugar a fontes.
O ciclo da auga .- A auga dos océanos , ríos e lagoas evapórase debido á calor do Sol e sube á atmosfera , alí arrefriase e condénsase caendo en forma de precipitacións de choiva , neve e sarabia sobre a Terra formando ríos , lagoas e bolsas de augas subterráneas ( acuíferos )
wsdfssg

miércoles, 29 de octubre de 2008

O Planeta Terra

O PLANETA TERRA
A Terra .- É un planeta que forma parte do Universo . Xira arredor do Sol e sobre si mesma .
Universo .- É un espazo infinito formado por galaxias , estrelas , planetas , satélites .....
Galaxia .- É un conxunto de estrelas unidas pola gravidade . A Terra pertence á Vía Láctea .
Estrela .- É un corpo que ten luz e calor propias . O Sol é unha estrela .
Planeta .- É un astro que xira arredor dunha estrela e non ten luz nin calor . Os planetas que xiran arredor do Sol son segundo a súa proximidade ó Sol : Mercurio , Venus , Terra ( o único que ten vida ) , Marte , Xúpiter , Saturno , Urano , Neptuno , Plutón .
Satélite .- É un astro que xira arredor dos planetas e non ten luz nin calor . A Terra ten un satélite : a lúa .
Movementos da Terra .-
Movementos de rotación : movemento da Terra sobre o seu eixe de oeste a leste . Trae como consecuencia os días e as noites e tempo que tarda en dar a volta chámase día que está dividido en 24 espazos chamados , horas ou fusos horarios .
Movemento de translación : movemento da Terra arredor do Sol .Trae como consecuencia a sucesión das estacións , dura 365 días e 6 horas ( ano ) . Esas 6 horas acumúlanse cada 4 anos formando un novo día que se engade ó mes de Febreiro . Ese ano chámase ano bisesto .
As estacións son catro :
Primavera : 21 de marzo ó 20 de xuño .
Verán : 21 de xuño ó 22 de setembro .
Outono : 23 de setembro ó 20 de decembro .
Inverno : 21 de decembro ó 20 de marzo .
O 21 de xuño e o 21 de decembro os días e as noites alcanzan a máxima desigualdade .
O 21 de xuño é o día máis longo do ano e a noite máis curta e o 21 de decembro , é a
noite máis longa do ano e o día máis curto . Estas máximas desigualdades chámanse ,
solsticios .
O 21 de marzo e o 22 de setembro , os días e as noites acadan a máxima igualdade .
Esta máxima igualdade, chámanse equinoccios.
Rede xeográfica .-
É o conxunto de liñas imaxinarias nas que se divide a Terra e que serven para localizar un punto .As liñas verticais chámanse , meridianos e as horizontais , paralelos .
Meridiano : Semicírculo imaxinario que une os dous polos . Teñen 180º e o meridiano que sirve de referencia é o meridiano 0º ou de Greenwich .
Paralelo : Círculos imaxinarios que rodean a Terra , perpendiculares ós meridianos . Teñen 360º . O paralelo 0º é o Ecuador , que divide a Terra en dúas partes chamados hemisferios , e outros son os Círculos Polares e os trópicos
Latitude : Distancia entre un punto da Terra e o ecuador en dirección norte ou sur . Vai de 0º á 90º .
Lonxitude : Distancia entre un punto da Terra e o meridiano 0º en dirección leste e oeste . Vai entre 0º e 180º .
Fuso horario : parte da superficie da Terra limitada por dous meridianos . A Terra divídese en 24 fusos horarios de 15º cada un ( 360º:24 = 15º ) .Cada fuso horario á dereita é unha hora máis .
A escala .- É a representación nun mapa da realidade . A escala é de dous tipos :
Escala gráfica :Expresa a distancia na realidade en quilómetros , medindo en centímetros sobre o mapa .
Escala numérica : Exprésase cunha relación . Exemplo : 1: 50.000 , isto quere dicir que un centímetro no mapa son 50.000 na realidade. Cando nos mandan calcular 7 cms no mapa na realidade 7.50.000= 350.000 cms : 100.000 = 3,5 qms.
DIRECCIÓNS DE INTERNET RELACIONADAS CO TEMA
www.google earth .com www.terraserver.com www.aurensa.es