CONTINENTES E OCÉANOS
A Terra componse dunha parte sólida , que ocupa unha terceira parte da superficie , chamada terra . Ten seis continentes : Europa , América , Asia ,África , Oceanía e Antártida.; unha parte líquida , que ocupa os dous tercios da superficie , chamada hidrosfera e constituída por cinco océanos : Pacífico ,Índico , Atlántico , Glacial Ártico e Glacial Antártico e unha parte gasosa que a rodea chamada atmosfera .
Estructura interna da Terra .-
A Terra está formada por tres capas :
A codia ; que é a parte máis superficial , na súa superficie orixínase o relevo e están as placas tectónicas .
O manto ; que é a capa intermedia . De alí sae a lava dos volcáns .
O núcleo ; é a capa máis interna da Terra e ten temperaturas elevadas.
Por debaixo da codia da Terra están as placas tectónicas , que son grandes bloques duns 100 qms de espesor e son as que provocan os terremotos ( cando chocan dúas placas ) , as faias (cando rompen e producen fendas na Terra) , as montañas ( cando preme unha placa contra outra ) e os volcáns .
Relevo da Terra .-
As chairas ; son terreos planos cunha altitude non superior ós 200 m.
Os vales ; son depresións nas que por algunhas delas circulan os ríos .
As mesetas ; son superficies planas elevadas superiores ós 400 m.
As montañas ; son elevacións do terreo producido polo choque de placas tectónicas . Cando rematan en pico , son montañas novas e cando rematan redondeadas pola erosión , son montañas vellas .
As cordilleiras ; son un conxunto de montañas unidas .
A plataforma continental ; é a prolongación dos continentes baixo as augas mariñas
As chairas submarinas ; situadas a 4000 m. ou 5000 m. de profundidade .
As cordilleiras submarinas ; poden cegar a ter 3000 m e incluso sobresaír , dando lugar a illas e arquipélagos .
Fosas mariñas ; a maior dela alcanza os 11.000 metros.
Os volcáns e os terremotos .-
• Os volcáns ; son gretas da codia terrestre pola que ascenden gases e rocha fundida do exterior da Terra . Expulsan : cinza , lava e materiais incandescentes.
• Os terremotos ; son sacudidas da cortiza terrestre producidas polo choque ou asentamento das placas tectónicas .
O punto onde se produce o terremoto no exterior da Terra , chámase epicentro e o do interior , chámase hipocentro
A intensidade do terremoto , mídese co sismógrafo e nunha escala chamada de Ritcher que vai do 1 ó 9 segundo a intensidade.
A erosión .-
O relevo da Terra vai cambiando moi lentamente debido á erosión producida por :
• Axentes externos , que modifican ó longo dos anos a codia terrestre . Os máis importantes son :
As precipitacións ( auga , vento , xeo , ...) que provocan desgaste nas formas do relevo , transportando material orgánico dun lugar a outro .
Os seres vivos ( animais e persoas ) que provocan cambios mediante os cultivos , construcción de estradas e camiños e modificación de montañas e desvío de canles de ríos .
• Axentes internos , que desde o interior da Terra fan modificacións da paisaxe . Os máis importantes son :
Os volcáns , que forman montañas pola expulsión de lava .
Os terremotos , que orixinan cambios na codia terrestre debido ós movementos .
A Hidrosfera .-
É a capa líquida da Terra que ocupa 2/3 do planeta e está constituída por auga salgada que é o 97% do total e auga doce que representa o 3% aproximadamente .
• Auga salgada , aparece nos mares e océanos . Os principais océanos son : Océano Pacífico , Océano Atlántico , Océano Índico , Océano Glacial Ártico e Océano Glacial Antártico .A auga do mar está en constante movemento , os principias movementos son :
As ondas , movemento superficial do mar producida polo vento .
As mareas , movementos oscilatorios das augas do mar producidos pola atracción da Lúa e do Sol e polo movemento de rotación .
As correntes mariñas , que son desprazamentos de grandes masas de auga mariña , unhas son superficiais e outras profundas.
• Auga doce , aparece nos círculos polares , ríos , lagoas , augas subterráneas ,...
Os xeos continentais cobren os polos e o continente de Antártida .
Os ríos , que son correntes continuas de auga . Os ríos máis caudalosos atópanse na zona ecuatorial e tropical .
As lagoas , son acumulación de auga superficial en zonas da codia terrestre que se alimentan da choiva , fontes ou ríos.
Augas subterráneas , acumuladas no subsolo da Terra , que se alimentan da auga da choiva . A veces saen ó interior dando lugar a fontes.
O ciclo da auga .- A auga dos océanos , ríos e lagoas evapórase debido á calor do Sol e sube á atmosfera , alí arrefriase e condénsase caendo en forma de precipitacións de choiva , neve e sarabia sobre a Terra formando ríos , lagoas e bolsas de augas subterráneas ( acuíferos )
miércoles, 5 de noviembre de 2008
Etiquetas:
Apuntes/ Xeografía/ Continentes
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario