miércoles, 29 de octubre de 2008

O Planeta Terra

O PLANETA TERRA
A Terra .- É un planeta que forma parte do Universo . Xira arredor do Sol e sobre si mesma .
Universo .- É un espazo infinito formado por galaxias , estrelas , planetas , satélites .....
Galaxia .- É un conxunto de estrelas unidas pola gravidade . A Terra pertence á Vía Láctea .
Estrela .- É un corpo que ten luz e calor propias . O Sol é unha estrela .
Planeta .- É un astro que xira arredor dunha estrela e non ten luz nin calor . Os planetas que xiran arredor do Sol son segundo a súa proximidade ó Sol : Mercurio , Venus , Terra ( o único que ten vida ) , Marte , Xúpiter , Saturno , Urano , Neptuno , Plutón .
Satélite .- É un astro que xira arredor dos planetas e non ten luz nin calor . A Terra ten un satélite : a lúa .
Movementos da Terra .-
Movementos de rotación : movemento da Terra sobre o seu eixe de oeste a leste . Trae como consecuencia os días e as noites e tempo que tarda en dar a volta chámase día que está dividido en 24 espazos chamados , horas ou fusos horarios .
Movemento de translación : movemento da Terra arredor do Sol .Trae como consecuencia a sucesión das estacións , dura 365 días e 6 horas ( ano ) . Esas 6 horas acumúlanse cada 4 anos formando un novo día que se engade ó mes de Febreiro . Ese ano chámase ano bisesto .
As estacións son catro :
Primavera : 21 de marzo ó 20 de xuño .
Verán : 21 de xuño ó 22 de setembro .
Outono : 23 de setembro ó 20 de decembro .
Inverno : 21 de decembro ó 20 de marzo .
O 21 de xuño e o 21 de decembro os días e as noites alcanzan a máxima desigualdade .
O 21 de xuño é o día máis longo do ano e a noite máis curta e o 21 de decembro , é a
noite máis longa do ano e o día máis curto . Estas máximas desigualdades chámanse ,
solsticios .
O 21 de marzo e o 22 de setembro , os días e as noites acadan a máxima igualdade .
Esta máxima igualdade, chámanse equinoccios.
Rede xeográfica .-
É o conxunto de liñas imaxinarias nas que se divide a Terra e que serven para localizar un punto .As liñas verticais chámanse , meridianos e as horizontais , paralelos .
Meridiano : Semicírculo imaxinario que une os dous polos . Teñen 180º e o meridiano que sirve de referencia é o meridiano 0º ou de Greenwich .
Paralelo : Círculos imaxinarios que rodean a Terra , perpendiculares ós meridianos . Teñen 360º . O paralelo 0º é o Ecuador , que divide a Terra en dúas partes chamados hemisferios , e outros son os Círculos Polares e os trópicos
Latitude : Distancia entre un punto da Terra e o ecuador en dirección norte ou sur . Vai de 0º á 90º .
Lonxitude : Distancia entre un punto da Terra e o meridiano 0º en dirección leste e oeste . Vai entre 0º e 180º .
Fuso horario : parte da superficie da Terra limitada por dous meridianos . A Terra divídese en 24 fusos horarios de 15º cada un ( 360º:24 = 15º ) .Cada fuso horario á dereita é unha hora máis .
A escala .- É a representación nun mapa da realidade . A escala é de dous tipos :
Escala gráfica :Expresa a distancia na realidade en quilómetros , medindo en centímetros sobre o mapa .
Escala numérica : Exprésase cunha relación . Exemplo : 1: 50.000 , isto quere dicir que un centímetro no mapa son 50.000 na realidade. Cando nos mandan calcular 7 cms no mapa na realidade 7.50.000= 350.000 cms : 100.000 = 3,5 qms.
DIRECCIÓNS DE INTERNET RELACIONADAS CO TEMA
www.google earth .com www.terraserver.com www.aurensa.es

No hay comentarios: