miércoles, 5 de noviembre de 2008

A ATMOSFERA , OS CLIMAS
Atmosfera .- Capa gasosa que envolve a Terra . Está composta por unha serie de gases : nitróxeno , osíxeno , dióxido de carbono , ozono e vapor de auga.
Capas da atmosfera .- A atmosfera divídese en capas :
 Troposfera : capa máis baixa cunha anchura de 10 a 15 qms . Nela atópase o osíxeno , o dióxido de carbono e prodúcense os fenómenos meteorolóxicos: choiva , vento,...
 Estratosfera : capa que está entre os 12 e os 50 qms . Nela atópase a capa de ozono , que nos protexe das radiacións solares.
 Mesosfera : Constituída popr un aire moi denso , fai a función de filtro , ten entre 50 e 80 kms de ancho.
 Ionosfera : Prodúcese a aurora boreal e desintégranse moitos meteoritos, ten uns 80 kms.
 Exosfera : Capa exterior que ten unha anchura de 500 kms.
Tempo e clima .-
1. Tempo atmosférico : Estado da atmosfera nun lugar e momentos determinados e que pode cambiar dun día para outro . Exemplo : o día que fai hoxe.
2. Clima : Situación meteorolóxica dun país ó longo de anos . Exemplo :o clima de Galicia que é atlántico.
Os elementos do clima son:
Temperaturas : expresa a cantidade de calor que posúe o aire .Mídese co termómetro e nos mapas coas isotermas , que unen puntos coa mesma temperatura .
Precipitacións :Cantidade de auga ( choiva , neve , sarabia ,... ) que cae nun lugar . Mídese co pluviómetro e represéntanse nun mapa coa isohietas , que unen puntos coas mesmas precipitacións.
Presión atmosférica :Peso do aire sobre un punto da Terra expresado en milibares. Mídese co barómetro e represéntase nun mapa coas isóbaras ou liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica . As altas presións chámanse anticiclóns e as baixas borrascas.
Ventos : Masa de aire en movemento . A súa velocidade mídese co anemómetro e a súa dirección co viraventos.As masas de aire circulan pola atmosfera dando lugar a cambios de temperatura e de tempo .
Factores do clima.............................................
✔ A latitude :Canto maior sexa a latitude con respecto ó Ecuador máis descenderán as temperaturas e as precipitacións.
✔ A altitude :A maior altitude menor temperatura.
✔ Os mares e océanos : As augas do mar suavizan as temperaturas tanto no mar como no inverno.
✔ As correntes mariñas : Masas de auga que se desprazan polos océanos , unhas quentes e outras frías , que inflúen no clima.
✔ Ventos e masas de aire : Desprázansede altas a baixas presións e poden ser :secos ou húmidos,quentes ou fríos influíndo na temperatura e precipitacións.
Clases de climas .............................................
 Climas cálidos : localízanse na zona da Terra entre o Trópico de Cancro e o Trópico de Capricornio . Teñen temperaturas altas e moita insolación .Os máis importantes son:
 Clima ecuatorial
- Sitúase en torno ó ecuador, as súas temperaturas son elevadas cunha media arredor dos 25º
- Abundantes precipitacións .
- Unha estación única calorosa durante todo o ano
- A súa vexetación é a selva que está formada por unha masa enorme de árbores
- Ten unha fauna moi variada ( aves , primates ,réptiles de gran tamaño , insectos ,...)
 Clima tropical
- Esténdense desde os límites do clima ecuatorial ata os trópicos.
- Ten dúas estacións : unha chuviosa e outra seca , abundantes precipitacións e altas temperaturas .
- A sabana e a xungla é a vexetación máis representativa. Vai diminuíndo a vexetación canto máis nos afastamos do ecuador , dando lugar a altas herbas.
- A fauna é variada , destacan : león ,cebra ,xirafa e gran cantidade de roedores e insectívoros.
 Clima desértico
- Localízase nas proximidades nas proximidades dos Trópicos de Cancro E Capricornio.
- Caracterízase por escasas precipitacións.
- Polo día forte calor e pola noite temperaturas baixas.
- A vexetación é escasa , destacan :matos e cactos.
- A súa fauna é escasa , destacan :pequenos roedores , víboras,e algunhas aves.


 Climas temperados: Esténdense entre os Círculos Polares e os trópicos. Destacan a diferencia de temperaturas entre as estacións .Os máis importantes son :
 Clima mediterráneo
- Localízase na franxas marítimas de América , sur de Europa e Norte de África .
- Os invernos son moi suaves e os veráns cálidos.
- As precipitacións son irregulares e máis abundantes no inverno .
- A vexetación máis común son : árbores de folla perenne ( aciñeira , sobreira , piñeiro ) e plantas aromáticas ( romeo ,lavanda, esplego )
- Na fauna destacan : corzos,xabarís , lobos , raposos ,....
 Clima oceánico
- Esténdese polas rexións costeiras , oeste de América e parte oeste de Europa( norte da Península Ibérica , norte e oeste de Francia Reino Unido....)
- Destaca pola abundancia de precipitacións ó longo do ano e veráns temperados e invernos non moi fríos.
- A súa vexetación destaca pola abundancia de árbores de folla caduca ( carballos , faias , castiñeiros , salgueiros ,...)
- Na fauna destacan :corzos ,xabarís , lobos,raposos..


 Clima continental
- Localízase no interior dos continentes (centro leste de Europa e centro de Asia....)
- Destacan os veráns cálidos e invernos fríos e precipitacións moderadas sobre todo ó final do verán
- A vexetación máis abundante é o bosque boreal ( piñeiros , abetos , bidueiros ,...)e as praderías e estepas.
- Na fauna destacan : aves , raposos,londras , renos..

 Climas fríos :Esténdense polas zonas de alta montaña e pola proximidade ós Círculos Polares.
- Destacan polas temperaturas moi frías de inverno ( -30º ou máis) e frías no verán .
- As precipitacións son escasas e en forma de neve.
- A vexetación típica é a tundra ( mofos , liques e plantas de baixo crecemento )
- Na fauna destacan :osos polares ,pingüíns , aves , cabras montesas,..

No hay comentarios: